Fiadeiro, estudo de deseño, marca e código en Vilagarcía de Arousa
Deseño, marca e código. No mesmo fío.Deseño, marca e código.No mesmo fío.
A nosaHistoria
Seis entradas para entender de onde vimos, como traballamos e por que nos chamamos así.
0106
A fiada ou fiadeiro era un encontro nocturno das aldeas galegas. Durante as longas noites de inverno, as mulleres reuníanse para fiar o liño mentres cantaban, contaban historias, compartían saberes e facíanse compañía.
Non era só unha forma de traballar. Era un espazo para crear, aprender, conversar e facer comunidade.
De aí vén o noso nome e tamén unha parte da nosa maneira de entender o deseño.
Billete
250107001
A fiada
Fiar tamén é crear.
0206
Na fiada compartíase moito máis ca fío: tempo, palabras, coñecemento e compañía.
Interésanos esa forma de traballar xuntos. Entender o que tes entre mans, achegar o que sabemos e construír algo que teña sentido para as persoas que o van utilizar.
Deseñar, para nós, tamén é escoitar, ordenar, probar e compartir decisións.
Billete
250207002
Comunidade
Deseñar tamén é compartir.
0306
A palabra galega fío está na orixe de confiar: ter un fío común que une.
Gústanos esa idea porque os bos proxectos tamén se constrúen así: con confianza, tempo, honestidade e traballo compartido.
Non cremos en entregar un deseño e desaparecer. Implicámonos en entender o problema, atopar unha dirección e levala ata o final.
Billete
250307003
Do fío a confiar
Proxectos que xeran confianza.
0406
Traballamos desde Vilagarcía de Arousa, xunto ao mar e dentro dunha cultura que forma parte da nosa maneira de mirar.
A paisaxe, a arquitectura, a artesanía, a gráfica popular e as formas de facer de aquí alimentan o noso traballo.
Deseño, marca, código e dirección creativa desde unha beira que nos inspira.
Billete
250407004
Desde unha beira
Raíces que impulsan ideas.
0506
Preferimos traballar con poucos proxectos e estar realmente dentro deles.
Gústanos entender o negocio, o contexto e o que necesita antes de empezar a deseñar. Primeiro pensamos; despois debuxamos.
E se cremos que non somos o equipo axeitado para algo, dirémolo. Mesmo podemos recomendarche a alguén que encaixe mellor.
Billete
250507005
Traballamos con poucos proxectos
Menos proxectos, máis sentido.
0606
Somos dous e é a propósito.
Entre os dous reunimos deseño, branding, dirección creativa, desenvolvemento e tecnoloxía, así que non necesitas pasar dun provedor a outro para construír o teu proxecto.
Falas directamente con quen pensa, deseña e fai o traballo.
Billete
250607006
Somos Aitana e Dani
Persoas que fan, non intermediarios.
Servizos
Empezamos polo esencial e chegamos ata o dixital.
Creamos marcas que se diferencian, conectan cos seus clientes e están preparadas para crecer, desde o branding, a papelaría e o packaging ata o deseño web, o código e o posicionamento.
Unimos deseño e tecnoloxía nun mesmo fío para que non teñas que xuntar provedores, para que todo sexa coherente e para que cada decisión teña un propósito: facer que a túa marca se vexa mellor, funcione mellor e chegue máis lonxe.
Segue baixando →
O que a xente lembra de ti cando non estás diante.
Creamos estes paquetes para que poidas empezar cunha base clara e saber desde o principio que inclúe cada un.Cada proxecto é diferente e podemos adaptar cada proposta á medida do que realmente necesites.Se o teu proxecto pide algo máis, falámolo antes de empezar.
FIO
I
Para empezar
Fío
Unha landing page á medida, coidada ata o último detalle.
Para quen necesita presentar un negocio, servizo, proxecto ou portfolio nunha soa páxina, pero non quere renunciar a un deseño traballado.
Desde299 €+ IVE
01Unha web para empezar
Unha landing page deseñada especificamente para o teu proxecto.
02A túa imaxe aplicada á web
Logotipo, cores, tipografías e recursos visuais adaptados para construír unha presenza coherente.
03Unha experiencia visual coidada
Deseño personalizado, pequenos efectos, movemento e interaccións que achegan personalidade sen complicar a navegación.
04Todo o importante, ben contado
Organizamos os teus contidos para que a web sexa clara, doada de entender e orientada a conseguir contactos.
05Preparada para funcionar
Adaptada a móbil e tableta, con SEO básico, analítica, formulario de contacto e optimización de velocidade.
Unha web completa, con máis espazo para contar o que fas.
Para proxectos que necesitan varias páxinas, explicar os seus servizos, amosar o seu traballo e construír unha presenza dixital máis completa.
Desde699 €+ IVE
01Unha web para crecer
Unha web multipáxina de ata 5 páxinas principais, pensada para desenvolver mellor o teu proxecto.
02Unha identidade máis completa
Deseño personalizado, dirección creativa e identidade visual para que a túa marca teña coherencia máis alá dunha soa páxina.
03Unha experiencia con personalidade
Animacións, transicións, interaccións e recursos visuais pensados para facer a navegación máis atractiva e memorable.
04Máis contido, mellor organizado
Servizos, portfolio, galerías, catálogo, blog ou calquera contido que necesite o teu proxecto, estruturado para que sexa doado de percorrer e entender.
05Preparada para conseguir resultados
SEO, analítica, formularios, chamadas á acción, panel de edición e optimización para que a web non só se vexa ben, senón que funcione.
Máis espazo, máis posibilidades e unha web preparada para crecer contigo.
Un proxecto dixital á medida, pensado para algo máis.
Para proxectos que necesitan unha experiencia dixital máis complexa, funcionalidades específicas ou procesos que unha web convencional non pode resolver.
Desde1.299 €+ IVE
01Unha plataforma, non só unha web
Tendas en liña, reservas, áreas privadas, campus, cursos e outras experiencias dixitais á medida.
02Unha identidade visual completa
Creamos a identidade e un manual de deseño para aplicala de forma coherente na web, redes sociais, contidos e demais soportes da marca.
03Unha experiencia visual propia
Animacións, interaccións e experiencias dixitais deseñadas especificamente para o proxecto.
04Procesos que funcionan
Vendas, reservas, usuarios, contidos, automatizacións e conexións entre as diferentes ferramentas do teu negocio.
05Preparada para crecer
SEO avanzado, analítica, rendemento e integracións para que a plataforma poida evolucionar co proxecto.
Para proxectos que necesitan algo que non cabe nunha web convencional.
Os tres paquetes cobren a web. Mantela en pé despois, e construír a marca coa que se levanta, van á parte. Tamén o facemos nós.
Despois de publicala
Mantemento web
Desde35 €+ IVE / mes
Unha web non remata cando se publica. Encargámonos do aloxamento, do correo do teu dominio, das copias de seguranza e das revisións técnicas, para que ti non teñas que pensar niso.
En todos os proxectos revisamos que o logotipo, as cores e as tipografías funcionen xuntos. Se hai que construíla desde cero tamén o facemos: unha base visual crible desde 250 €, ou unha identidade completa, preparada para distintos medios, desde 600 €.
Unha boa web non serve de nada se ninguén a atopa.
Ocupámonos da publicidade de principio a fin: Meta Ads para Instagram e Facebook, Google Ads para quen xa te está buscando, e as pezas gráficas de cada campaña.
Definimos a quen falarlle, medimos que funciona e contámoscho nun informe que se entende.
O investimento publicitario vai á parte: iso pólo ti e vai íntegro ás plataformas.
Estes son os nosos primeiros proxectos. Son moi diferentes entre si e precisamente por iso amosan algo que nos importa: non temos unha única forma de deseñar. Temos unha forma de traballar.
0102
Elisabet Solo
Identidade e web á medida
Bailarina, profesora e directora artística con quince anos de carreira internacional en swing, lindy hop e solo jazz.
O que fixemos
Marca e identidade desde cero
Web á medida, sen modelo nin construtor
Traxectoria, clases e laboratorio creativo nunha soa peza
O que case sempre nos preguntan antes de empezar. Se che falta algunha, escríbenos e respondémosche.
01Como traballades?
En catro pasos. Primeiro, unha chamada sen compromiso para entender o teu proxecto. Despois enviámosche unha proposta pechada, con prezo e prazos, para que decidas con todo á vista. Logo deseñamos e desenvolvemos a web, amosándoche os avances para axustar o que faga falta. E ao final publicámola, explicámosche como funciona e, se queres, seguimos coidándoa co mantemento.
02Canto tardará en estar lista a miña web?
Entre unha e dúas semanas o Fío, de dúas a catro a Madeixa e de catro a oito o Tea. O reloxo empeza cando temos os textos e as imaxes, non cando asinamos.
03Que necesitades de min para empezar?
O que teñas: textos, fotos e os accesos ao teu dominio se xa o tes. Se non os tes, tamén os facemos nós —a redacción e a dirección de fotografía entran en deseño dixital—.
04O prezo que vexo é o final?
Si, máis IVE. Se o teu proxecto necesita algo que non está incluído dicímoscho antes de empezar e decides ti. Nunca aparece ao final.
05Ofrecedes servizo de aloxamento?
Si, dentro do mantemento, que vai á parte da web: desde 35 € ao mes, co aloxamento, o correo do teu dominio, as copias de seguranza e as revisións técnicas. Podes ocuparte ti de todo iso ou deixárnolo a nós.
06Usades modelos?
Non. Cada web constrúese a man, así que non arrastra o peso nin as limitacións dun modelo e carga máis rápido.
07Poderei cambiar cousas eu despois?
Con Madeixa e con Tea, si: levan un panel para editar textos e imaxes sen tocar código. O Fío é unha páxina soa e os cambios facémolos nós.
08E se aínda non teño marca?
Tamén a facemos: unha identidade esencial desde 250 € ou unha completa desde 600 €. Así encaixa coa web desde o principio en vez de ter que adaptala despois.
Falemosdo teu
A primeira chamada é longa e non custa nada. Traballes ou non connosco, sairás coas ideas máis claras.